Tuesday 07 de May de 2024

O Club Salvamento Acuático Laracha participa esta fin de semana no Open Internacional- Copa de Europa e Campionato de España


Hoxe partiron hacia a comunidade valenciana sete deportistas do Club onde participarán no Open Internacional, Copa de Europa e Campionato de España Xuvenil, Junior e Absoluto que se celebra o venres, sábado e domingo na Piscina Olímpica de Castellón.

Desplazáronse ata Castellón os deportistas xuveniles Lucía Añón, Luis Negreira e Anxo López, os junior Nerea Mallo e Álvaro Hidalgo e os absolutos David Fraga e Pablo Amado así coma o seu adestrador Borja Diez.

Na xornada do venres disputaran as probas 100 m socorrista, Lanzamento de corda e relevo con obstáculos; o sábado será o turno do 50 m remolque manequín, 200 m supersocorrista, relevo remolque de manequín e relevo combinado e rematarán o domingo cos 100 m combinada de salvamento, 100 m remolque de manequín con aletas e remolque socorrista mixto.